Blogia
Andresadas

Un novo estilo de música. O reggaeton

Un novo estilo de música. O reggaeton O reggaeton é un novo estilo de música, que está a causar furor en todo o mundo. Os ritmos latinos que lembran á salsa e ao merengue, as letras que apenas se entenden, todo iso con pequenas bases estilo dance, están a ser o principal punto forte das discotecas. Artistas como Héctor e Tito, Jimmy band Boy, Nicky Jam, Ángel López, Don Omar e El Chombo entre outros, son os principais autores que lanzan discos ao mercado con este tipo de música. Pero... , ¿alguén se parou a escoitar detidamente as letras das cancións? ¿Cal é o sentido da sua música?

Imos estudar un pouco algunha das rimas, frases e letras de diversas cancións coñecidas por todos, e que moitos bailamos algunha que outra noite nas discotecas...
"Que tu mirada con la mia está saciéndose, tu piel rozando con mi piel y sofocándose, devorándote, atrapándote..." Asi comeza unha canción que se fixo famosa mundialmente... é o éxito Baila morena de Héctor e Tito. A canción contínua asi:Morena dale con tu técnica que yo tengo tu táctica, dale voz te voy a asestar la automática... ,¿ A automática? ¿ A o que se refere exactamente? Non creo que nesta ocasión se estea a falar de armas... Tamén di o cantante:Tú eres mi lunática... Morena ya no excuso tus signos vitales pa que asociarte con los anomarles... Estás buscando que el moreno se acorrale, y tú ya sabes Dale don Dale! Sinceramente, tiven que escoitar polo menos cinco veces cada frase, para poder descifrar o que dician, e non estou 100% seguro da veracidade da letra, pero é mais que probabel que sexa asi...

¿A o que se refere Don Omar cando di na sua canción Cuéntale : Otra, otra, otre, otra!? Non o sei, sinceramente, estas perguntas teñen as respostas que eu considero adecuadas... pero creo que a xente realmente non se dá conta que din estas cancións... Ainda que moitas seguen a liña de cantantes románticos latinos... como poden ser Chayanne, Ricky Martin...

Outras cancióms o que se cadra fan, son letras con falta de suxerencia e que van directas cara a imaxe da muller, é sen dúbida, El Chombo, coas súas dúas cancións máis coñecidas, ainda que, coñecidas de fai algo máis de tempo que o resto, son A mover el culo e Pa dentro pa fuera. Os títulos creo que xa o din todo. Na primeira delas, a canción baséase nun ritmo similar durante case todo o tema, e na reiteración constante do título... Poucas frases máis engadiu o artista para lanzar o seu éxito. Ademais, colle destacar, que nesta canción é utilizada unha base dunha canción que foi éxito fai catro ou cinco anos, e que é coñecida por todos por ser a BSO do filme Blade I: de New Order, o tema Confusion. Sen dúbida, un éxito a partir da nada. A segunda canción ten moita máis chicha, e moito máis do que falar e comentar. O título dino todo: o cantante dedícase a recitar o título da canción cun ritmo pegadizo e bailongo, con sons de fondo de xadeos e berros de pracer femininos... "Quiero ver que estás haciendo... como lo vas a hacer... y el duro con movimiento, voy a tener que darte placer..." "Espera Chombo, métele que métele, Chombo espera, métele que métele, métele al ritmo, métele" Creo que a mensaxe da canción está claro dabondo, e non teño que dicir nada máis sobre este cantante...

Outros temas que colleria destacar serian:

Impacto- Tú eres golosa>..."Tú eres golosa, golosa y glotona... estás en la cama y tú eres golosa, estás en la cocina y tú eres glotona" "Para que está bien inflada si por ti no siento nada..."

Jimmy band boy- Bailando..."Esta noche haremos el amor bailando, tu cuerpo es mío tuyo es mi corazón" "Y si tú vieras como yo bailo con esa mujer estoy seguro que él también podría ser yo que sé... es por eso que con ella quiero quedarme y con el vino de su cuerpo toda la noche embriargarme yo"

Nicky Jam- Palante... "Como es que te llamas tú, di de dónde eres tú, que vamos a hacer, si tienes un novio, no me importa quién, la que me gusta eres tú, ajá!" "Toma, toma, toma, ¿ te gusta?... toma, toma, toma ¿ tú quieres?... toma, toma, toma ¿ te excita?.."

Estas cancións arrasaron na actualidade... pero, anteriormente, outros éxitos enviaban en mensaxe de forma directa e sen escrúpulos, como o tema dance coñecido por todos de fai catro anos: Chochito de Dj Secantez, no que o ritmo era convincente, e, inevitábelmente, facíache mover o esqueleto sen control... na canción, a voz feminina que entoaba a peza musical, alasaba, xemia e excitábase de forma suxerinte... Tamén me lembro dunha canción, menos suxerinte, de fai tres anos e que pode resultar groseira que simplemente dicía: "Tengo un dedito, pa tu culito... mueve tu culito, mueve..."

Este tipo de música é bailado sobre todo polo xénero feminino, e non se dá conta de que pode que sexa denigrante para elas... , ¿que opinan destas letras? ¿Gústalles este tipo de música? ¿Adiántase a liña entre incitación sexual e sedución cara o machismo? ¿ Vós rapazas o que opinades?

P.D. Os rapaces tamén podedes facer os vosos comentarios

0 comentarios